Escoitar

O goberno local investirá 27 millóns de euros en humanizacións no ano 2016

Abel Caballero avanzou esta mañá que as obras de humanización que o Concello iniciará no que resta de ano ascenderán a 27 millóns de euros. Así o dixo durante unha visita aos traballos que se están a acometer en García Barbón cun orzamento de máis de dous millóns de euros.

mércores, 28 set 2016
1475069939barbon.jpg
O Concello investirá 27 millóns de euros en humanizacións nos próximos meses, segundo explicou esta mañá o rexedor durante unha visita á segunda fase das obras de García Barbón. Tal e como detallou, xa se está traballando na tramitación dos proxectos de mellora da rúa Ferreiros, da cuarta fase da rúa Aragón, de Doutor Corbal, da segunda fase de Gregorio Espino, da Avenida Castelao, de Estorniño, da Avenida das Camelias, de Álvaro Cunqueiro e da Vía Norte.

Abel Caballero, así mesmo, deu conta do avance das obras de García Barbón, cun orzamento superior aos 2 millóns, que inclúen a renovación das canalizacións de saneamento, abastecemento e pluviais, 24 novas luminarias led, rego, substitución de 1.200 metros de pavimentación, renovación de semáforos e de toda a parte eléctrica. En declaracións aos medios, engadiu que ademais de manter o arborado actual, vanse plantar tres novas camelias e dous laranxeiras.

Cunha primeira fase da rúa xa humanizada, Caballero insistiu na vocación do goberno local de seguir a desenvolver obra pública porque é sinónimo de xeración de emprego, algo fundamental sobre todo en época de crise económica. Neste senso, insistiu en que a maior obra civil que nestes momentos estase a acometer en Galicia é a remodelación de Balaídos.
Descargar todas as imaxes