Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 29 set 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 30 DE SETEMBRODE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 16 de setembro e extraordinaria e urxente do 19 de setembro de 2016.


ADMÓN. ELECTRÓNICA
2.- Expediente de contratación do subministro de equipos para a plataforma unificada de almacenamiento. Expte. 7909/113.

BENESTAR SOCIAL
3.- Revisión do IPC do contrato dos servizos de seguridade e vixilancia de CEDRO e UBAS. Expte. 129931/301.

CONTRATACIÓN
4.- Proposta de adxudicación do lote 2 do expediente de contratación das obras de mantemento e reparación dos campos de fútbol municipais de Comesaña e Meixoeiro (2 lotes). Expte. 14667/333.

DEPORTES
5.- Proposta de autorización para a organización do evento "2ª Desafío BOOP CAMP RACE", na praia de Samil e inmediacións, o vindeiro 1 de outubro de 2016. Expte. 15018/333.

6.- Proxecto de convenio de colaboración coa Entidade Deportiva Rápido de Bouzas para a regularización da utilización da instalación municipal do campo de fútbol de Bouzas. Expte. 15132/333.

EDUCACIÓN
7.- Prórroga do contrato para a xestión das Escolas Infantís municipais de Tomás Alonso e Bouzas. Expte. 13000/332.

EMPREGO
8.- Proxecto de convenio coa Fundación Secretariado Xitano para axudar ao financiamento dos gastos para o desenvolvemento de acción dirixidas á poboación xitana, no marco dos programas de loita contra a discriminación durante o ano 2016. Expte. 12940/77.

IGUALDADE
9.- Solicitude de subvención á Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, para a promoción da Igualdade. Expte. 7299/224.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
10.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Fonte do Galo" para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento e aluguer necesarios para a organización e desenvolvemento das actividades da entidade para o ano 2016. Expte. 7351/320.


POLICÍA LOCAL
11.- Indemnización substitutiva por importe de 15.287,80€ a favor de TAELPO S.COOP. pola prestación do servizo de radiocomunicacións para Policía Local e Servizo de Extinción de Incendios, xuño e xullo 2016. Expte. 49928/212.

RECURSOS HUMANOS
12.- Axudas socio-sanitarias 2016 (FAS). Expte. 28679/220.


SERVIZO ÁREA DE CULTURA
13.- Dar conta dos expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo da Área de Cultura durante o mes de agosto de 2016. Expte. 966/330.

14.- Dar conta dos expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo de Museos municipais durante o mes de agosto de 2016. Expte. 1646/341.

SERVIZOS XERAIS
15.- Dar conta dos datos da obra "Renovación das redes de saneamento nas rúas Lotas e Brea". Expte. 3132/440.

16.- Dar conta dos datos da obra "Renovación das redes de saneamento e abastecemento na rúa Bueu". Expte. 3854/440.

17.- Dar conta dos datos da obra "Renovación das redes de saneamento e abastecemento na parroquia de Teis. Fase III. Abastecemento Avda. Galicia." Expte. 3237/443.

URBANISMO
18.- Produtividade por encomenda de funcións da xefatura da Oficina de Secretaría da Xerencia de Urbanismo. Expte. 81/417.



VIAS E OBRAS
19.- Prórroga do contrato de "alugueiro de maquinaria de obra pública, con e sen maquinista, para a reparación das infraestruturas viarias e outros equipamentos conexos de titularidade municipal". Expte. 70983/250.


20.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 30 de setembro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 28 de setembro de 2016.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.