CONVOCATORIA DO EXAME DE OBTENCIÓN DO PERMISO MUNICIPAL DE CONDUCIÓN DE TAXIS
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE TAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 25 da vixente Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015) e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 24 de outubro de 2016, incluído. A documentación requirida é a seguinte:
- Pago das Taxas por dereito de exames.
- Unha foto actualizada en cor (deberá entregarse sen ningunha marca de grampa).
- fotocopia compulsada do DNI.
- fotocopia compulsada do carné de conducir.
- Certificado expedido polo Ministerio de Xustiza, que acredite a carencia de antecedentes penais. (modelo 790).(considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
- certificado médico, expedido nos termos expresados no artigo 25 da Ordenanza Municipal de Taxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
O exame constará das seguintes partes:
- Coñecemento da Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015).
- Ubicacións de rúas e puntos de interese na cidade de Vigo.
- Itinerario a seguir entre dúas ubicacións do termo municipal.
- Real decreto lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
As probas realizaranse o DIA 30 DE NOVEMBRO DE 2016, na Casa do Concello ou na ubicación que se determine por esta Area Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo azul e carné de conducir.
Así mesmo, se o nº de aspirantes así o esixira, estableceríase outro día adicional para a realización do exame citado.
As listas nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma nos días establecidos, no seu caso, e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na web hoxe.vigo.org (no apartado 'CONVOCATORIAS E SUBVENCIONS' da Sede Electrónica) e nas oficinas do servizo de Transportes, nun prazo máximo de quince días, unha vez que finalice o prazo para a presentación de solicitudes.