Escoitar

O alcalde resalta a calidade literaria do III Certame de Relatos Vigo Histórico

Abel Caballero eloxiou a calidade literaria do III Certame de Relatos Vigo histórico durante a presentación do fallo do xurado que por primeira vez premia a unha muller e un texto en galego. No mes de decembro realizarase o acto de entrega dos recoñecementos, que inclúe cinco accésits.

venres, 30 set 2016
1475253654relatos.jpg
O alcalde de Vigo acudiu hoxe venres á Casa Galega da Cultura para presentar o fallo do xurado do III Certame de Relatos Vigo Histórico. É primeira vez que o relato gañador está escrito en galego e que a vencedora é unha muller, María del Carmen Pereiro Oliveira, co título Nunha maleta caben todos os ventos.

Organizado pola Editorial Elvira, co patrocinio do Concello, a organización inclúe 5 accésits, que recaeron en Pilar Ortega Pereiro (Sereo); Lidia Gregorio Selas (Xente do mar); María Comesaña Romero (El florón); Miguel Pereira Rodrigo (Charcos) e, por último, Urbano Barrios Santamaría (La chica del violenchelo).

Presentáronse un total de 203 traballos, pero 33 foron descartados por non cumprir as bases do concurso. Dos 170 relatos, 136 foron en castelán e o resto, en galego. En canto ao xénero, o 57% dos aspirantes ao premios foron homes e o 43%, mulleres, polo que a participación foi bastante igualada.

No tocante a procedencia dos autores, Galicia é a comunidade que máis aspirantes achega, sobre todo desde Pontevedra e Vigo, pero tamén hai participantes de doutras zonas de España e doutros países, principalmente, latinoamericanos. Concretamente, recibíronse relatos de Arxentina, Venezuela, Cuba, Chile, Nicaragua, Colombia, República Dominicana, Costa Rica ou Holanda.

O xurado desta terceira edición estaba formado polo pintor Antón Pulido; o editor Bieto Ledo;a filóloga e mestra Concepción Varela Portela; os xornalistas Jacobo Buceta e Noelia Otero; a filóloga e documentalista Sonia González López e o profesor e escritos Julio Alonso. Este ano, botouse de menos ao insubstituíble poeta Carlos Oroza.
Descargar todas as imaxes