martes, 4 outubro 2016

O alcalde aborda co embaixador de Chile as relacións entre os dous países

martes, 4 out 2016

Abel Caballero e Francisco Marambio, Embaixador da República de Chile en España desde o ano 2014, mantiveron un encontro institucional este martes no Concello no que abordaron a actualidade e as relacións entre os dous países. Marambio adiantoulle ao rexedor o nomeamento do novo cónsul honorario en Vigo, unha cuestión que "nos satisfai" e ambos manifestaron compartir a afección polo Celta.