Vigo contará en 2017 cun orzamento inversor, centrado na política social e no emprego
O orzamento do Concello estará aprobado a mediados de decembro para garantir que estea operativo o 1 de xaneiro de 2017. Con este obxectivo, o rexedor deu orde do inicio oficial da redacción dun documento que será moi inversor, volcado na política social e na xeración de emprego. Ademais, engadiu, terá como meta seguir coa gran "revolución das humanizacións na cidade".