A comisión técnica Concello-Zona Franca sobre a Panificadora arranca o luns 10 de outubro
O Concello e a Zona Franca porán en marcha o luns día 10 a comisión mixta para impulsar a rehabilitación da Panificadora. Tal e como avanzou o rexedor, a recuperación deste edificio é un tema central na cidade que non pode atrasarse máis tempo.
Abel Caballero avanzou hoxe que o próximo luns comezará a andar a comisión técnica Concello-Zona Franca que impulsará a recuperación de A Panificadora. Trátase, dixo o rexedor, dun dos temas centrais da cidade no que o Concello ten moito interese polo que "a recuperación "inmediata deste edificio é imprescindible e non se pode atrasar máis tempo".
En declaracións aos medios, reiterou a posición "activa" do Concello no proxecto que prevé quedarse coa terceira parte dos espazos para usos públicos e, polo tanto asumirá a expropiación nesa porcentaxe, mentres que Zona Franca farase cargo do resto. Na súa dobre condición de alcalde e presidente do Consorcio confiou en que en pouco tempo se articulen as medidas que permitan a dar pasos nesa rehabilitación.