Escoitar

O goberno de Vigo coopera "activamente" coa Fundación Premios da Crítica de Galicia

Abel Caballero manifestou este martes a vontade municipal de que Vigo continúe acollendo a entrega dos Premios da Crítica de Galicia para o que avanza que "seguiremos cooperando" coa Fundación. Tras unha reunión coa directiva, o alcalde informou que o acto da edición 2016 será en Vigo o 19 de novembro.

martes, 6 set 2016
1473167373critica.jpg
A reunión deste martes tivo como obxectivo o acto de entrega dos Premios da Crítica de Galicia, o próximo 19 de novembro en Vigo, lugar de nacemento destes galardóns que volve acoller o evento despois de rotar pola provincia.

O Concello traballa "activamente" coa Fundación e "queremos que sigan aquí" os Premios da Crítica de Galicia, en verbas de Abel Caballero, polo que "seguiremos cooperando" coa organización. O ano que vén celebraranse os corenta anos desta cita.

Caballero subliñou que a edición 2016 dos Premios engaden "unha nova dimensión relacionada coa arquitectura", co que se reforza o papel deste galardóns no desenvolvemento da cultura de Galicia e de Vigo.
Descargar todas as imaxes