O Concello decreta tres días de loito oficial polas vítimas do accidente de tren
O Concello de Vigo decreta tres días de loito oficial en sinal de dor polas vítimas do accidente ferroviario acontecido este venres no Porriño e como mostra de respecto ás familias e aos feridos na traxedia. Así, durante as tres próximas xornadas, as bandeiras do Concello ondearán a media hasta.