Caballero propón recuperar na primavera a Gala do Comercio en Vigo
Reunido coa nova dirección da Federación de Comercio de Vigo, o alcalde anunciou este xoves "cooperación activa" coa entidade e o rescate de accións como a Gala do Comercio de Vigo. Caballero animou ás asociacións comerciais a sumarse á Federación, e ter así "interlocución directa" co sector.
Abel Caballero recibiu este xoves á nova directiva da Federación de Comercio de Vigo, que se está a converter nunha entidade aglutinadora do comercio de toda cidade, xa que se están a integrar cada vez máis asociacións sectoriais da cidade, como por exemplo Navia. O rexedor manifestou a súa "satisfacción" e animou ao resto de organizacións comerciais a sumarse a FECOVI para ter "interlocución directa" co sector.
O alcalde avanzou a "cooperación" municipal coa Federación e o rescate dalgunhas accións, como a Gala do Comercio en Vigo. Caballero propuxo que se realice na primavera cun enfoque distinto, por exemplo ao longo dunha semana en distintos puntos da cidade.
"Queremos facer unha mobilización total do pequeno e mediano comercio da cidade", asegurou Abel Caballero en declaracións aos medios ao remate da reunión, polo que garantiu a participación "proactiva" do Concello nas accións do comercio vigués.
Descargar todas as imaxes