Escoitar

Caballero eloxia o programa internacional da Escola de Negocios Afundación

O alcalde recibiu este mércores a unha quincena de estudantes procedentes da Universidade de Beijing, que cursan Relacións Internacionais en Vigo durante os meses de verán. Abel Caballero valorou o "magnífico programa" da Escola e transmitiulles a visión de Vigo como "cidade industrial e turística". <br />

mércores, 7 set 2016
1473250193chineses.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores aos quince estudantes da Escola de Negocios Afundación que proveñen da Universidade de Beijing, catorce mulleres e un home que cursan na cidade, durante os meses de verán, os seus estudos para obter a titulación en Relacións Internacionais.

O primeiro edil eloxiou o "magnífico programa" que leva adiante a Escola de Negocios para abrir contactos con estudantes estranxeiros, baseados "na capacidade e desexo de ter relación con países de fala hispana". Durante o encontro, Abel Caballero trasladoulles a visión de Vigo como urbe "industrial e turística" e intercambiaron opinións sobre a presenza de cidadáns e capital chinés na cidade.
Descargar todas as imaxes