Escoitar

O Concello buscará "o acordo continuo cos sindicatos" na elaboración do novo PXOM

Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes dos sindicatos UXT, CCOO e CIGA para abordar as consecuencias da anulación do PXOM e compartir con eles os pasos dados polo goberno de Vigo para resolver este problema, comprometéndose a mantelos informados de todos os avances.

xoves, 8 set 2016
1473339467sindicatos.jpg
O alcalde mantivo un encontro este xoves con representantes dos sindicatos UXT, CCOO e CIGA con que tratou as consecuencias na cidade da anulación do PXOM e as vías de solución da situación creada tras a sentenza do Tribunal Supremo.

Segundo asegurou Caballero, os sindicatos "atenderon á proposta de Luciano Parejo", entendendo que a nulidade se refire ás ordes de aprobación do Plan e non ao propio plan e lamentou que a redacción dun novo documento presenta "máis inseguridade xurídica" que a elaboración dun novo informe ambiental estratéxico. Amais concordaron en negar a posibilidade de tardar 24 meses en elaborar un novo plan.

O rexedor compartiu cos sindicatos as vías de traballo do goberno de Vigo e anunciou que neste proceso buscará "o acordo continuo" con eles, manténdoos informados puntualmente dos pasos dados para resolver "todos os problemas causados pola Xunta ao urbanismo e, polo tanto, á economía de Vigo e á cidade". Tamén mencionou a deslealdade da Xunta pola súa falta de resposta a unha das peticións do Concello no ámbito sanitarios que é precisa para poder avanzar no novo PXOM.
Descargar todas as imaxes