O alcalde traslada o pésame da cidade ás familias das vítimas do accidente ferroviario
Abel Caballero compareceu esta tarde ante os medios de comunicación, acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, para informar sobre a cooperación dos efectivos municipais no accidente, amais de manifestar o "pesar da cidade" pola traxedia na que perderon a vida catro persoas e que deixa 47 feridos.
O rexedor vigués manifestou este venres pola tarde o pesar da cidade polos catro falecidos no "grave accidente" ferroviario, acontecido esta mañá no Porriño, e trasladou ás súas familias e ás das 47 persoas que resultaron feridas as condolencias e o cariño da cidadanía viguesa. Apuntou que o momento do accidente é "para a cooperación, a axuda, o apoio e sacar adiante a situación" estando ao carón dos feridos e das familias das vítimas mortais para facer que "o dano sexa o menor posible", engadindo que "tempo haberá de estudar as causas e extraer as conclusións.
Caballero informou que o operativo municipal púxose en marcha en canto se tivo coñecemento do accidente poñendo a disposición da alcaldesa de Porriño, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento os efectivos precisos para colaborar. Tal e como relatou, foron desprazadas 2 unidades de bombeiros, con 9 efectivos, e 2 unidades dos grupos operativos GOA da Policía Local, engadindo que as forzas de emerxencia funcionarion "de forma satisfactoria" e con rapidez. No lugar do sinistro, seguen traballando operativos dos bombeiros de Vigo e da Deputación que procederán a cortar os restos da cabina para inspeccionar o seu interior.
O alcalde olívico dixo estar en contacto cos xerentes dos tres hospitais aos que foron trasladados os feridos: o Álvaro Cunqueiro, Fátima e Povisa, que lle comunicaron o "bo prognóstico" das persoas ingresadas, das que "a maioría" foi dada de alta. Así mesmo, informou que o Concello está en contacto coas familias dos dous vigueses que perderon a vida no accidente e, desexando unha "pronta recuperación ás persoas feridas", reiterou que a cooperación de Vigo segue estando dispoñible, tal e como lle manifestou ao Presidente da Xunta en funcións, ao Ministro de Fomento en funcións e á alcaldesa do Porriño.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou no nome da institución a "dor profunda" ante a traxedia e trasladou o pésame e o cariño ás familias das vítimas mortais e dos feridos.
Descargar todas as imaxes