Escoitar

O goberno local colabora na primeira edición do Fórum 2018 do Instituto de Estudos Vigueses

Abel Caballero destacou a iniciativa como punto de encontro científico e divulgativo aberto a todo o público. Federico Vilas, coordinador e investigador, anunciou que vanse celebrar catro conferencias entre xaneiro e o vindeiro mes de febreiro.

luns, 22 xan 2018
1516628343ForoIEV.jpg
O Concello colaborará na primeira edición do Fórum 2018 que organiza o Instituto de Estudos Vigueses (IEV) e a Universidade de Vigo, ciclo de conferencias que reunirá a destacados membros de ambas institucións. O evento foi presentado este luns polo alcalde, Abel Caballero, xunto ao presidente do IEV, Xośe Carlos Abad, e o científico Federico Vilas, coordinador da iniciativa.

"É unha experiencia de debate, divulgación e trazado de coñecementos da cidade, serán 22 conferencias, os meus parabéns por este foro e pola forma de concibilo", destacou o rexedor durante a presentación.

O ciclo de conferencias comezarán este martes, 23 de xaneiro, na sala Hemeroteca da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios),onde Manuel Joaquín Reigosa, profesor da Universidade de Vigo, falará de "A guerra perfecta das plantas". As charlas continuarán o 5 de febreiro con Carlos Núñez ("O consumo do soño celta"), o día 8 de febreiro con Eduardo Rolland e Ledicia Costas ("Un vigués chamado Verne) e o día 23 de4 febreiro con Xosé Manuel Souto ("Vigo no centro do Eixo Atlántico do noroeste peninsular").

En total serán 22 conferencias (dous ao mes, excepto os meses de verán) na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios e a temática das conferencias será moi variada: temas históricos, medioambientais, económicos, xurídicos, patrimoniais e artísticos.
Descargar todas as imaxes

Máis información