mércores, 24 xan 2018
O turismo medrou en Vigo máis dun 15% en 2017 respecto ao ano anterior, o que supón un crecemento superior ao do resto de cidades de Galicia. Tel e como explicou Caballero foi un ano "colosal" que permitiu apuntalar o turismo como unha pata da economía.
mércores, 24 xan 2018
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno Local de mañá xoves aprobará o proxecto de humanización destes tres viais, localizados no entorno de García Barbón e Rosalía de Castro. "Desde que nós chegamos, cambiamos ducias e ducias de quilómetros de rede de abastecemento de auga", enfatizou Caballero.
mércores, 24 xan 2018
O Concello pechou o ano 2017 cunha media de pago a provedores de -13 días, mentres que o dato de decembro foi de -19 días (49 días antes do final do prazo legal), polo que repite como a primeira administración local española. O alcalde destacou a importancia que ten este feito para as empresas e para a economía.
mércores, 24 xan 2018
Abel Caballero inaugurou este mércores unha nova entrega de Mostrarte, unha iniciativa que cumpre dez anos levando as obras dos artistas vigueses ata a Alcaldía de Vigo. Nesta ocasión é Xabier Lemos o que amosa o seu percorrido pola Ría de Vigo durante a Batalla de Rande. Fillo do tamén pintor Ángel Lemos, a obra de Xabier vai desde o realismo e o costumismo ata o surrealismo, sempre cunha inconfundible impronta propia, aínda que destaca principalmente como retratista.
mércores, 24 xan 2018
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, felicitou hoxe mércores ao Club Baloncesto Seis do Nadal polos tres lustros de vida da Linco (Liga Interna de Colexios), nacida en 2003 e que este venres inicia a súa decimosexta edición para nenas e nenos benxamíns e alevíns (de 6 a 12 anos).
mércores, 24 xan 2018
O Concello organiza este curso dirixido a persoas que apenas teñen coñecementos da lingua galega. A formación, de balde, desenvolverase entre os meses de febreiro e abril, os luns e mércores de 18,30 a 21,00 h, no Centro Local do Emprego e das Ocupacións, na rúa O Porto.