A cidade experimentou en 2017 o maior incremento de turistas de todas as urbes galegas
O turismo medrou en Vigo máis dun 15% en 2017 respecto ao ano anterior, o que supón un crecemento superior ao do resto de cidades de Galicia. Tel e como explicou Caballero foi un ano "colosal" que permitiu apuntalar o turismo como unha pata da economía.
Segundo os datos que ven de publicar o INE, Vigo alcanzou en 2017 os 421.193 visitantes, o que supón un incremento de máis dun 15% respecto a 2016 e a sitúa como a urbe galega na que máis creceu o turismo nos últimos doce meses. "Foi un ano colosal desde o punto de vista do turismo, batemos todos os récords, conseguindo que Vigo eclosione como unha importante cidade turística e creando unha pata da economía que nos faltaba", subliñou.
Desde o punto de vista do turismo, o mes de decembro foi o mellor desde que hai datos e no caso das pernoctacións, Vigo sumou en 2017 816.739, un 12% máis que en 2016. Como dato significativo, explicou, Vigo pechou 2017 superando á A Coruña en turistas estranxeiros, cun 38,15%. A nosa cidade obtivo 128.624 estranxeiros, mentres que A Coruña recibiu 93.103 visitantes de fóra.