O Concello repercutirá á Xunta o custo das obras de arranxo da Estrada Vella de Madrid
Abel Caballero lembra que o goberno local tivo que asumir os traballos pola falta de resposta da administración autonómica. O obxectivo é corrixir o afundimento ocasionado por unha mala canalización das augas por debaixo do vial.
O Concello de Vigo repercutirá á Xunta de Galicia o custe das obras de arranxo da Estrada Vella de Madrid que resultou afectada debido ao mal estado das canalizacións. O alcalde explicou que a vía é competencia da administración autonómica, pero que non se fixo cargo das reparacións pese aos requirimentos.
O alcalde visitou este luns as obras de emerxencia que o Concello está a realizar na Estrada Vella de Madrid. O obxectivo é corrixir o afundimento ocasionado por unha mala canalización das augas por debaixo do vial, unha situación que supón un risco para os coches e para a seguridade das persoas.
Desde o Concello, e unha vez detectado o problema, deuse traslado do mesmo á administración titular do vial -a Xunta de Galicia- pero, ante a falta de respostas, o goberno local adoptou a decisión de regular o tráfico na zona e dar comezo aos traballos de reparación pola vía de urxencia.
A Xunta segue sen asumir as súas obrigacións na cidade e, ante este abandono, o Concello viuse obrigado a acometer a obra e posteriormente repercutirá o importe á administración autonómica.