Escoitar

Vigo recibe un recoñecemento nacional pola defensa e promoción do comercio local

Os Premios Nacionais de Comercio Interior 2017 veñen de recoñecer a labor do Concello en pro do comercio como motor económico da cidade. O Ministerio de Economía, Industria concedeulle a Vigo unha mención honorífica na categoría de concellos.

luns, 22 xan 2018
1516629620PremioComercio.jpg
O Concello de Vigo acaba de recibir un recoñecemento nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2017, pola súa labor en pro do comercio como motor económico da cidade. Tal e como detallou o alcalde, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade concedeulle a Vigo unha mención honorífica na categoría de concellos.

O galardón recoñece o traballo municipal nas reformas dos mercados de O Progreso e o Berbés e na súa labor de desenvolvemento comercial e modernización empresarial mediante a mellora da tecnoloxía e a asociación de empresas. Tal e como explico o rexedor, tamén se tiveron en conta as accións de fomento da mobilidade enmarcadas dentro do Vigo Vertical.
Descargar todas as imaxes