xoves, 25 xan 2018
Os informes municipais remitidos á Xunta son favorables á ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico, onde poderán instalarse firmas comerciais que requiren de parcelas de gran tamaño. Existe demanda ao efecto, expuxo o alcalde, quen reclamou axilizar os trámites administrativos para que sexa realidade canto antes.
xoves, 25 xan 2018
Caballero anunciou o comezo a próxima semana dos traballos de humanización de Canceleiro, da segunda fase da reforma de Marqués de Valterra, de remodelación integral do parque Camilo José Cela (que inclúe un ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall) e de cobertura dos patios dos colexios Virxe do Rocío e Carballal.
xoves, 25 xan 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación do Plan Parcial de Navia e sométea a período de alegacións. O alcalde destacou as dotacións municipais que xa existen no novo barrio e a posibilidade de que aumente a poboación ata 15.000 veciños.
xoves, 25 xan 2018
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os obradoiros de pintura e xénero,iniciación ao teatro,sensibilización en xénero e igualdade de oportunidades, introdución ao método Zentangle. Os obradoiros son de carácter gratuíto e se impartirán na Casa das Mulleres.
xoves, 25 xan 2018
Caballero fixo entrega dun total de nove premios, un deles ex aequo polo ascenso do primeiro equipo sénior tanto do Santa Mariña (a 1ª Autonómica) como do Teis (a 2ª Autonómica), aquel como campión e este na promoción. O alcalde, que felicitou un por un a todos os premiados, explicou que o fútbol "é unha auténtica revolución" e desexou máis éxitos para o futuro a todos os presentes.