Escoitar

Caballero cifra en máis de 1,6 millóns as axudas directas ao deporte de base da cidade

O alcalde participou este mércores na entrega de equipamento deportivo a 25 clubs do Programa Municipal de Escolas Deportivas, que conta cunha achega do Concello de 380.000 euros. En total, e sumado ao resto de subvencións, as axudas directas ao deporte de base superan os 1,6 millóns.

mércores, 24 xan 2018
1516802157deporte.jpg
No pavillón das Travesas, Abel Caballero tomou parte este mércores na entrega de equipamento deportivo a 25 clubs participantes no Programa Municipal de Escolas Deportivas, material valorado en 20.000 euros.

Esta iniciativa, desglosou o alcalde, conta cun respaldo directo do Concello de 300.000 euros, aos que se suman outros 60.000 euros que o Concello exime de abonar ás entidades polo uso das instalacións deportivas.

Estes 380.000 euros de apoio ao programa de escolas deportivas forman parte dos máis de 1,6 millóns de euros cos que o Concello de Vigo apoia de forma directa ao deporte de base da cidade, tal e como apuntou Abel Caballero en rolda de prensa.
Descargar todas as imaxes