Vigo acollerá en xuño un congreso científico para fortalecer a candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade
"Será un espazo esencial para o intercambio de coñecementos e daranos un impacto internacional", destacou Caballero. Tal e como presentaron esta mañá, o congreso será os días 20, 21 e 22 de xuño no Auditorio Mar de Vigo.
Vigo acollerá do 20 ao 22 de xuño o International Symposium on Marine Science, que albergará un total de seis congresos simultáneos, entre eles o I Congreso Internacional sobre as Illas Cíes. Así o anunciou esta mañá Abel Caballero nun acto no que estivo acompañado polo reitor da Universidade, Salustiano Mato; a decana da Facultade de Ciencias do Mar, Belén Rubio; as concelleiras de Medio Ambiente e Turismo, Chus Lago e Ana Laura Iglesias, e representantes das distintas institucións científicas que participan no congreso.
"Este congreso será un paso moi importante no camiño de Cíes para converterse en Patrimonio da Humanidade; científicos internacionais decidirán cal ou cales dos supostos que esixe a Unesco para este título cumpre Cíes e compartirán os seus coñecementos de forma moi enriquecedora", adiantou o rexedor, que destacou ademais o "impacto internacional que supoñerá o encontro.
Entre os relatores que participarán no congreso de Cíes destaca Jorge Cortés, investigador do Centro de Investigación en Ciencias do Mar de Costa Rica (CIMAR), "que traballou na exitosa candidatura de Illa do Coco a Patrimonio da Humanidade e seguro que colaborará tamén con Cíes", apuntou Caballero.
O congreso -que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo e prevé reunir a unhas 400 persoas- celébrase cada dous anos e xa estivo en 2009 en Vigo. Esta edición é a que incorpora un maior número de seminarios sobre temas específicos e para participar neles só será necesaria unha única inscrición. "Este gran congreso vai dar a oportunidade de ter a toda unha comunidade científica internacional para fortalecer de argumentos científicos a candidatura de Cíes", apuntou o reitor da Universidade.
Entre os conferenciantes estarán reputados investigadores de universidades de todo o mundo e as temáticas abordarán todo o relacionado coas ciencias do mar como a acidificación dos océanos, a xestión e lexislación dos mesmos, o cambio climático e a biodiversidade mariña.
Os participantes no congreso, como non podía ser doutra forma, despediranse de Vigo o sábado 23 cunha excursión a Cíes.