<br /> O Concello restrinxirá o tráfico de camións con contedores na rúa Xulián Estévez
Abel Caballero anunciou unha nova medida para a mellora da convivencia no barrio de Teis. Confirmou tamén que o paso de vehículos pesados por Sanjurjo Badía finalizará o vindeiro 2 de febreiro
O tráfico de camións con contedores quedará restrinxido na rúa Xulián Estévez en vindeiras datas, tal e como informou o alcalde este luns aos medios de comunicación en rolda de prensa. A medida ten como obxectivo mellorar a convivencia dos veciños de Teis que se ven afectados polo paso de vehículos pesados.
"O tráfico de contedores por Xulián Estévez ten os días contados", asegurou Abel Caballero antes de confirmar que o Concello notificará a restrición para vehículos pesados. O rexedor apuntou tamén que "non hai marcha atrás" no caso de Sanjurjo Badía e que a partir do 2 de febreiro quedará limitado o acceso de camións.
Caballero explicou que segue á espera de que a Xunta asuma a modificación dos accesos da autoestrada AP-9 en Teis e insistiu en que o Concello non ten competencias para levar a cabo o proxecto. "Non podemos, sería ilegal, e a conselleira de Infraestruturas o sabe", sinalou.