A campaña de sinaturas en defensa das Cíes recolleu case 3.000 na primeira fin de semana
O Concello instalará mesas para recoller sinaturas en outras dez ubicacións da cidade, ademais da colocada a pasada fin de semana diante do MARCO, en Príncipe. Deste xeito, explicou, tratamos de obter o apoio explícito de toda a cidade para a candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.

O alcalde deu conta esta mañá da recollida de case 3.000 sinaturas nos dous días que estivo operativa na rúa Príncipe a mesa que instalou o Concello para que todos os cidadáns poidan dar o seu apoio explícito á candidatura de Cíes como Patrimonio da Humanidade. Seguindo coa iniciativa e para dar facilidades a todos aqueles que se queiran sumar á campaña, o goberno local instalará mesas noutros dez puntos da cidade: Porta do Sol, Montero Ríos, Gran Vía-Corte Inglés, Mercado de As Travesas, Avenida Castelao-Alcampo, Centro Comercial Gran Vía, CC Travesía, peonil do Calvario, Bouzas e inmediacións de Balaídos nos partidos do Celta.
Por outra banda, o rexedor avanzou que mañá martes se presentarán os congresos científicos que se van organizar neste período de mobilización social no que se atopa a candidatura das Cíes na carreira de ser recoñecida pola UNESCO.
Descargar todas as imaxes