Curso de achegamento á lingua galega "Achégate ao galego, nivel básico"
O Concello organiza este curso dirixido a persoas que apenas teñen coñecementos da lingua galega. A formación, de balde, desenvolverase entre os meses de febreiro e abril, os luns e mércores de 18,30 a 21,00 h, no Centro Local do Emprego e das Ocupacións, na rúa O Porto.
O curso Achégate ao galego nivel básico está dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia básica no uso do galego estándar.
O obxectivo primordial deste curso é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.
Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentarase a participación activa do alumnado, concentrándose nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as principais dúbidas coas que acotío se enfrontan os usuarios do galego.
O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.
Datas: 19, 21, 26 e 28 de febreiro; 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de marzo; 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de abril de 2018
Horario: Os luns e os mércores, de 18:30 a 21:00
Lugar: 2.º andar do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto {antiga reitoría})
Para inscribirse deben enviar ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org, os seus datos (nome completo, teléfono). Poñer no asunto: curso galego nivel básico.