O Concello de Vigo aproba unha achega de 605.000€ para o Museo MARCO

venres, 9 mar 2018

A Xunta de Goberno Local deu este venres o visto e prace á transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación MARCO. O alcalde, Abel Caballero, destacou que a achega municipal supón o 75 por cento do orzamento do museo e lembrou que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Cultura reduciron de forma importante as súas subvencións.

O Auditorio Municipal acollerá a apertura da nova temporada da Orquestra Clásica de Vigo<br />

luns, 5 mar 2018

Caballero presentou este luns a programación da Orquestra Clásica xunto ao seu director, Manuel Martínez. "É a formación decana de Galicia e cunha participación perenne no tecido cultural de Vigo", destacou o alcalde. O primeiro dos nove concertos será o vindeiro 15 de marzo no Auditorio Municipal e o Teatro García Barbón acollerá o último do ano, o Concerto de Nadal, o 29 de decembro.

O alcalde achega a 150 escolares o vínculo de Jules Verne coa cidade

martes, 20 feb 2018

O Concello continuou este martes coas actividades programadas pola conmemoración da efeméride, hoxe coa teatralización do capítulo "A baía de Vigo" do libro "20.000 leguas de viaxe submarina" fronte á escultura de Verne. Nesta ocasión foron alumnos dos colexios García Barbón, Frián Teis e Ramón e Cajal os que participaron na iniciativa "Vigo le a Verne".