Escoitar

O alcalde anima a achegarse ao Land Art de Valença, nacido tras a vaga de lumes do 15 de outubro

Presentado este luns na Alcaldía, a iniciativa enmárcase no Verdoejo Art Rock da cidade lusa. Artistas galegos e portugueses crearán obras in situ apelando á conservación e respecto ao medio ambiente e doaranas en favor da rexeneración do monte.

luns, 23 xul 2018
1532348078ArteQueimado_01.JPG
O proxecto Land Art celebrarase do 27 ao 29 de xullo en Valença dentro do Festival Verdoejo Rock e unirá a artistas galegos e portugueses nunha iniciativa, Arte no Queimado, nacida tras os incendios do pasado 15 de outubro.

Segundo explicou Caballero, o artista vigués Juan Coruxo tivo a iniciativa cunhas xornadas artísticas en escultura e pintura na súa parroquia, en Coruxo, e continuou na Comunidade de Montes de Valadares. Neste caso, o proxecto foi adaptado para a ocasión polo escultor Remigio Dávila.

Un dos principais obxectivos do Festival presentado hoxe é a obtención de fondos para a reforestación con especies autóctonas das zonas queimadas a ambas marxes do Miño, incluíndo o resultado da vendas das obras de arte.
Descargar todas as imaxes