Escoitar

Vigo adxudica as obras de recuperación da Finca Solita por un importe de 221.000 euros

Abel Caballero informou este luns do acordo da Xunta de Goberno Local para abordar a rehabilitación da coñecida como Finca Solita, un edificio de estilo indiano na parroquia de Alcabre. Ademais, o Concello deu o visto e prace á prorroga dos contratos coas escolas municipais de danza e música tradicional.

luns, 23 xul 2018
A Xunta de Goberno deu luz verde á adxudicación da contratación das obras de consolidación e accesibilidade de Finca Solita. Cun custo total da actuación de 221.000 euros a intervención prevé preservar o patrimonio e recuperar o espazo para a cidadanía.

Segundo explicou en rolda de prensa o alcalde, trátase dun edificio de estilo indiano, de finais do século XIX e o obxectivo, segundo indicou o rexedor, é transformalo nun área de desenvolvemento cultural, museístico, teatral e turístico. A empresa adxudicataria disporá dun prazo de 6 meses para levar a cabo a rehabilitación.

Escolas Municipais de Danza e Música
Outro dos asuntos dos que deu conta o rexedor foi a prórroga polos vindeiros dous anos dos contratos ás escolas municipais de Danza e Música Folk e Tradicional. No primeiro caso o importe é de 133.000 euros e no segundo ascende a 217.000 euros.

Igrexa de Candeán e ANHIDA
A Xunta de Goberno tamén aprobou un convenio coa Diócesis de Tui-Vigo para unha achega de 13.000 euros que permita realizar obras de conservación na igrexa de Santo Cristovo de Cea. Por último, o Concello deu o visto e prace ao convenio de colaboración coa "Asociación de Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención (ANHIDA)" para o fomento de actividades. O importe total é de 4.000 euros.