Enrique Mallón será o pregoeiro en Vigo do Día de Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de industrias Metalúrxicas (Asime), será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia en Vigo. O acto celebrarase este martes ás 20:00 horas no Pazo de Castrelos.

luns, 23 xul 2018