O Concello programa 24 funcións no Auditorio Municipal dentro dunha nova edición de Vigocultura

xoves, 5 set 2019

Abel Losada presentou esta mañá a programación de Vigocultura cunha performance organizada diante do MARCO como avance dun dos espectáculos que se van ofrecer no Auditorio Mar de Vigo durante os próximos dous meses. Desde o 27 de setembro ao 29 de novembro, o Concello programará 24 espectáculos de maxia, teatro, danza e circo, entre os que haberá un día dedicado aos bebés e dous espectáculos que se poderán ver na rúa do Príncipe.

A Orquestra Clásica de Vigo traslada ao domingo o seu concerto da Noite Branca

venres, 9 ago 2019

Segundo explicou este venres o alcalde, a previsión climatolóxica para este venres anima a "non correr riscos" coa Orquestra Clásica de Vigo, que ofrecerá a súa actuación este domingo, ás 21h, na mesma localización prevista: os xardíns históricos do Pazo de Castrelos. O resto de concertos da Noite Branca celebraranse, de chover, en sitios próximos a cuberto.

Abel Caballero anima a participar este venres da Noite Branca, a "gran noite dos museos de Vigo"

martes, 6 ago 2019

A "gran mobilización en torno aos museos da cidade" terá lugar este venres, unha Noite Branca que demostra unha "intensa vida cultural" e que en edicións anteriores foi un "éxito moi importante". Serán máis de 40 visitas guiadas, lúdicas, con representacións e obradoiros, unha ducia de concertos musicais, 12 puntos de actividade, exposicións permanentes e temporais.

O Concello programa visitas guiadas, exposicións, concertos e obradoiros na Noite Branca do 9 de agosto

venres, 2 ago 2019

Abel Caballero presentou a programación para o próximo venres, noite que prolonga a apertura dos museos de Vigo ata as dúas da mañá, e invitou á cidadanía a gozar das actividades, todas gratuítas. Serán máis de 40 visitas guiadas, lúdicas, con representacións e obradoiros, unha ducia de concertos musicais, 12 puntos de actividade, exposicións permanentes e temporais.