Vigo non poderá celebrar este ano as fogueiras do San Xoán
O alcalde explicou que a Xunta de Galicia prohibe a súa celebración malia o anuncio realizado polo conselleiro de Cultura a finais de maio avanzando que si se permitirían, sempre que contasen coa autorización dos concellos.

Ante esta prohibición, “vémonos na obriga de atender a decisión da autoridade sanitaria, que é a Xunta de Galicia, polo que non poderemos autorizar ningunha fogueira de San Xoán” na cidade, lamentou o rexedor este xoves.
Con todo, Caballero cre que a situación sanitaria de Vigo permite a realización das fogueiras de San Xoán o vindeiro mércores 23 de xuño. “Quereríamos celebralas pero non podemos pese a que o conselleiro dixo a finais de maio que se ían permitir”.
Así, referiuse á publicación en dous xornais a finais do pasado mes de maio das declaracións de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, apuntando que as fogueiras de San Xoán poderían celebrarse en Galicia “se as autorizan os concellos” e que se poderían facer “en formato máis reducido.