Os quioscos das praias abrirán máis de seis meses ao ano
O Concello adxudicou os 11 quioscos ata o verán de 2024 incluído

O Concello aprobou na Xunta do Goberno Local a adxudicación para a ocupación, instalación e explotación dos quioscos das praias ata o ano 2024 incluído.
Os novos modelos de quioscos instalaranse nos areais habituais: haberá un na Punta, Santa Baia, na ETEA e Argazada, dous en Tombo do Gato e no Vao e tres en Samil.
Abel Caballero referiuse aos novos emprazamentos como “quioscos adaptados ao século XXI e ás praias de Vigo e con moito nivel”, xa que mudou a estética, terán servizos adaptados e mobiliario acorde a instalación.
O período de apertura será de máis de seis meses ao ano. Coa nova aprobación, poderán comezar o servizo desde o 1 de maio ata o 31 de outubro. Ademais, tamén en Semana Santa.
Humanización Rúa Troncoso
Na Xunta de Goberno Local tamén adxudicouse a humanización da Rúa Troncoso. O importe da licitación é de 362.458 euros e ten un prazo de execución de 3 meses.
Entre as actuación previstas está a renovación da rede de saneamento, colectores, abastecemento, pluviais e rego. Ademais as beirarrúas serán de granito, haberá novo mobiliario urbano e iluminación e árbores.
Noutro orden de cousas, tamén se aprobou a adxudicación das obras do proxecto de renovación do colector de saneamento da Avenida Emilio Martínez Garrido.

