Escoitar

Caballero cualificou de “gran éxito” o programa Camiño a Camiño

Cerca de 700 persoas participaron nos sete roteiros que organiza o Concello polos montes de Vigo.

xoves, 17 xuñ 2021
Foto de arquivo: Abel Caballero na presentación da programación de primavera de Camiño a Camiño
Foto de arquivo: Abel Caballero na presentación da programación de primavera de Camiño a Camiño

O domingo remata a programación de primavera do programa Camiño a Camiño que organiza o Concello de Vigo cun roteiro polos montes de Saiáns. Ao longo do mes de maio e xuño, participaron cerca de 700 persoas polos diferentes itinerarios: Candeán, Cabral, Bembrive, Zamáns, Valadares, Coruxo, Oia e Saiáns.

Abel Caballero cualificou a actividade de “gran éxito” xa que todas as prazas cubríronse e hai moi poucas dispoñibles para a última cita desde domingo.

Camiño a Camiño permite coñecer os montes de Vigo, a paisaxe e a historia: “A cidade ten amor pola natureza”, afirmou o rexedor.

Seguindo a normativa COVID-19, a actividade desenvolveuse en grupos de 25 persoas. É unha iniciativa para todos os públicos e de balde.

Descargar todas as imaxes