Vigo suma oito exposicións á súa actividade cultural nos distintos museos da cidade
Os distintos museos da cidade ofrecen nestes momentos oito exposicións abertas ao público, unha vez que estamos a deixar atrás a pandemia. Afondando la actividade cultural, Caballero destacou a apertura de catro novas bibliotecas durante o seu mandato.
O Concello retomou a súa actividade cultural coa posta en marcha de oito exposicións nos diferentes contedores culturais da cidade. Tal e como detallou o rexedor, o MARCO ten tres mostras operativas nestes momentos: “4 proyectos”. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, Mar Vicente; “A mirada acesa”, de Din Matamoro e a “Música das formas” de Glenda León.
A fotografía de Javier Teniente, a través de “Unha xeografía atormentada”, está dispoñible na Casa das Artes, na Pinacoteca, podemos gozar de “Dentro e fóra”, unha visión de artistas dos séculos XIX e XX e a súa relación coa representación espacial.
Na Casa Galega da Cultura sigue aberta “Carótidas y coronarias”, a XII edición de Afinidades selectivas así como unha homenaxe a Xela Arias, unha mostra da documentación escrita e gráfica sobre a autora na Fundación Penzol e na bibilioteca Ferńandez del Riego. Por último, a Fundación Liste acolle (A) pegadas, Transitar onte para camiñar hoxe.
Bibliotecas
Na rolda de prensa o alcalde lembrou que Vigo conta nestes momentos con cinco bibliotecas, das que catro foron creadas baixo o seu goberno: a Neira Vilas, a de Navia, a Casa do Patín e a da Uned. Antes, puntualizou, só estaba operativa a Juan Compañel, financiada por Xunta e Concello. Ademais, o goberno local ten en marcha a biblioteca de Teis e a do Estado, a pesar da oposición da Xunta de Galicia.