A ONCE preséntalle ao alcalde o cupón conmemorativo do 40 aniversario da Femp
Abel Caballero agradeceu á ONCE que dedique o cupón do vindeiro domingo 27 de xuño á celebración dos 40 anos de historia da Federación Española de Municipios e Provincias “co que incide na democracia local e no traballo de alcaldes e alcaldesas e reflicte a política de diálogo permanente dos gobernos locais”. Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia e Roberto Gaspar Conde, director da entidade en Vigo entregáronlle ao rexedor unha reprodución do cupón conmemorativo.
