O alcalde valora a reforma do Paseo: “a obra máis importante da historia de Bouzas”
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a contratación, por procedemento aberto, das obras de execución do proxecto de rexeneración da fronte marítima de Bouzas cun orzamento de 3.759.000 euros. “Unha actuación excepcional” que permitirá, segundo o alcalde, “facer un Bouzas máis atractivo para a xente, humano e humanizado”.