Abel Caballero rexeita a falla de investimento da Xunta na cidade
O alcalde comparou os cartos que recibe o concello por parte do Estado e a Xunta: “O financiamento da Xunta con Vigo é negativo. Pagámoslles 1.011.600 euros”.
O concello aporta á Xunta 1.011.600 euros máis do que recibe do goberno autonómico. Abel Caballero manifestou que os Fondos de Participación Autonómica que recibe Vigo da Xunta son máis baixos que o que o propio concello paga por distintos servizos.
Deste xeito, o alcalde enumerou que o concello aporta “64.240 euros do canon a auga, 5.034.660 do canon de saneamento, 654.750 do canon do embalse de Eiras, 350.000 do que lle corresponde ao concello dos centros de día, 205.000 euros das escolas infantís da Xunta, 128.500 do programa Xantar na Casa e 241.220 euros do Centro de Emerxencia Consorcio Galego de Igualdade”. Ademais, engadiu a xestión do CEDRO, “competencia da Xunta” polo que “o balance é que nos pagámoslles 1.011.600 euros á Xunta”, lamentou.
Por outra banda, o rexedor sinalou que do goberno do Estado o concello recibiu 93.798.000 euros: 14.479.000 do Fondo Complementario de Xestión de Tributos, 73.349.000 do Fondo Complementario e 1.271.000 máis 5.697.000 para o Fondo Transporte”
Abel Caballero afirmou que “defende aos 313 municipios de Galicia que non recibiron nin un só euro da Xunta” e mostrou os datos que a Xunta percibiu do goberno de España que “son en total 1.410 millóns de euros”.