Escoitar

Broken Peach abre os concertos da campaña municipal de apoio ao comercio local

“imos encher a cidade de música” adianta o alcalde, no marco da campaña de promoción do pequeno e mediano comercio co lema Porque todo o que gastas en Vigo, queda en Vigo e puxo en valor o traballo do comercio local como “unha forma marabillosa de facer cidade”.

mércores, 23 xuñ 2021

“Este é o primeiro dunha rolda de actuacións e concertos na cidade defendendo e apoiando o comercio de Vigo”, apunta o rexedor, tal e como acordou o Concello coa Federación Vigo Comercio. Broken Peach ofrece o seu recital este xoves, 24 de xuño, ás 20:00 horas no Paseo de Alfonso.

“Imos encher a cidade de música con concertos o día 26 en Praza Compostela, e na contorna de Montero Ríos e Rosalía de Castro” onde haberá máis actuacións os días 28, 29, 30 de xuño e 1, 2, 3 e 4 de xullo”, nesta primeira rolda de actividades, apuntou Caballero. Logo os eventos van desenvolverse nas outras zonas comerciais da cidade.

O alcalde explicou que se trata dunha “intensa campaña” de promoción do pequeno comercio da cidade con mupis, centros de banderolas na rúa e anuncios nos medios de comunicación co lema da campaña: “Porque todo o que gastas en Vigo, queda en Vigo” e puxo en valor “os bos prezos, os produtos, a calidade e a atención personalizada” do comercio local de Vigo que é “unha forma marabillosa de facer cidade, é parte de como somos en Vigo”.

Descargar todas as imaxes