O alcalde pide reforzar a sanidade ante as colas nos centros de saúde para pedir os certificados de vacinación
Caballero cualificou a situación como “unha xestión fatal da Xunta sin precedentes”.
O rexedor lamentou “a xestión fatal da Xunta e de Sanidade” agora que volven as colas aos centros de saúde para pedir os certificados de vacinación para viaxar no verán.
Abel Caballero requiriu á Xunta arranxar o problema que está xerando un mal funcionamento da Atención Primaria. “Agora se ven as deficiencias. A Xunta ten que reforzar o servizo de atención ao público. Listas de espera, operacións que non se fan, centros de Atención Primaria superados, médicos cunhas xornadas moi fortes... O que hai que facer é reforzar o servizo”, dixo.
O alcalde apuntou que coa baixada da asistencia a mor da COVID-19, a Sanidade debe volver a atender aos enfermos habituais. “Non están sabendo facerlle fronte á situación”, afirmou. Ademais, engadiu que non “vai estar calado mentres en Vigo se atenda mal ás persoas”.