Escoitar

A Fundación Provigo promoverá cinco debates sobre a situación económica do territorio

O alcalde deu conta esta mañá da reunión do Padroado celebrada esta mañá de xeito telemático na que se acordou a organización de cinco grandes debates sobre a situación económica da cidade. O turismo, as grandes infraestruturas ou o medio ambiente serán algúns dos eixos destas xornadas que marcan o inicio da nova normalidade.

luns, 21 xuñ 2021
Abel Caballero na reunión por videoconferencia do Padroado
Abel Caballero na reunión por videoconferencia do Padroado

A Fundación Provigo impulsará cinco reunións de debate nas que analizará a situación económica na que se atopa este territorio. Así se acordou esta mañá nunha reunión do padroado na que se decidiu que o primeiro destes debates buscará novos enfoques para o turismo, a desestacionalización, o verán, o Nadal e a recuperación da economía, as festas, ademais de poñer de manifesto a nula incidencia do proxecto Xacobeo na cidade, dixo o rexedor.

A segunda xornada xirará en torno ás grandes infraestruturas do Estado en Vigo. A saída sur ferroviaria, a saída sur por autovía, a conexión da alta velocidade por Cerdedo ou o proxecto de abastecemento de auga serán algúns dos temas sobre os que se intercambiarán opinións. O medio ambiente e a economía circular centrarán a terceira reunión, mentres que na cuarta abordaranse os fondos europeos de recuperación e como deberían ser usados na cidade. Por último, chegará a quenda de falar sobre os sectores panca da recuperación económica da cidade, unha vez que entramos nunha nova normalidade.

Descargar todas as imaxes