Nova edición do festival da música e das artes "Nas Ondas"

martes, 26 mar 2019

O Concello de Vigo colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "Nas Ondas", que se estenderá ata o 22 de xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades. O certame terá como espazo principal o Auditorio "Martín Códax" e dependencias do CSMVigo, pero tamén se trasladará puntualmente a outros lugares da cidade, como o Auditorio Municipal do Concello ou o salón de actos do MARCO, entre outros.

Abel Caballero apoia a actuación de As Ramonas en tour que inician a súa xira hoxe na Porta do Sol

venres, 15 mar 2019

Abel Caballero e Carmela Silva saudaron esta mañá aos alumnos de diferentes centros educativos de Vigo que se achegaron á proba de son didáctica que As Ramonas en tour realizaron na Porta do Sol, con obradoiros de educación igualitaria. Esta actuación, organizada pola Deputación coa colaboración do Concello, é a primeira dunha xira por toda a provincia que comezará esta noite ás 22,30 h na Porta do Sol.

O alcalde mantén un encontro coa dirección da Coral Casablanca

mércores, 6 mar 2019

Abel Caballero recibiu este mércores a Ignacio Amoedo e a José Carlos Giménez, presidente e vicepresidente da Coral Casablanca, que lle presentaron "un proxecto de rango social que van desenvolver e que me encanta", indicou o rexedor. Con todo, non quixo desvelar detalles da proposta na que están traballando porque considerou que debe ser a entidade a que o faga público.