Escoitar

O Concello cooperará coa RAG para render homenaxe á escritora Xela Arias

O goberno local colocará unha praca de bronce no domicilio da infancia e xuventude de Xela Arias, na rúa Zamora, para render homenaxe “a esta gran viguesa nacida noutras latitudes de Galicia”. O alcalde e o presidente da Real Academia Galega acordaron esta mañá cooperar no recoñecemento a unha escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

mércores, 17 mar 2021

O alcalde acordou esta mañá co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, cooperar para recoñecer conxuntamente a traxectoria creativa de Xela Arias, que este ano será homenaxeada no Día das Letras Galegas. Esta artista formou parte dos grandes movementos da chamada movida de Vigo, desde a súa propia visión da literatura e da poesía.

Entre outras accións, o Concello colocará unha praca de bronce no domicilio da infancia e xuventude da escritora e poeta Xela Arias, “unha gran viguesa nacida noutras latitudes de Galicia”.

Descargar todas as imaxes