Escoitar

O Concello entrega aos clubs de elite subvencións por case medio millón de euros

Caballero fará entrega de xeito simbólico da subvencióna aos clubs de elite esta tarde no Pavillón das Travesas. O importe das achegas municipais ascende a 446.500 euros.

martes, 16 mar 2021

O alcalde manterá esta tarde nas Travesas un encontro con representantes dos clubs de elite da cidade para saudalos e animalos a seguir co extraordinario traballo que están a desenvolver. En rolda de prensa, Caballero cifrou en 446.500 euros o total destas achegas municipais.

Club atletismo feminino Celta, 20.000; R.C Atletismo, 20.000 euros; Celta Zorka baloncesto feminino: 84.500 euros; C.D. AMFIV, 53.000 euros; Vigo Voleibol: 47.000 euros; Coruxo F.C: 100.000 euros; Sárdona C.F: 23.000 euros; S.D. Carballal BM. FEM: 20.000 euros; C.D. Valladares: 16.000 euros; Trasnos Beisbol Club: 18.000 euros; UB Lavadores: 25.000 euros e Bembrive fútbol sala: 20.000 euros.