O alcalde fai balance do ano: “Dedicación total contra o Covid, pero sen renunciar a seguir facendo cidade”
Cumpridos doce meses desde o confinamento de marzo de 2020, Abel Caballero detallou a acción do Concello durante a pandemia, centrada en materia social, económica e de prevención, e avanzou que “seguiremos á fronte da loita contra o Covid na cidade de Vigo en tanto haxa un só contaxiado”.