Concello e Axencia Tributaria buscan sede para a Administración de asistencia Dixital Integral de Galicia
Comeza a busca do edificio que albergará a Administración de asistencia Dixital Integral (ADI) para toda Galicia, unha plataforma dirixida a prestar servizos de información e asistencia á cidadanía a través de medios electrónicos que arrancará en Vigo en outubro. Caballero e a delegada da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Trapote mantiveron esta mañá un encontro na Alcaldía para avanzar la procura do espazo axeitado.

O alcalde mantivo hoxe un encontro coa delegada da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Trapote, para comezar a busca de ubicación para a sede da Administración de asistencia Dixital Integral de Galicia que comezará a funcionar en outubro na cidade. Tal e como informara o rexedor cando a ministra de Facenda lle trasladou a noticia, esta unidade administrativa, que reunirá a un centenar de funcionarios, dependerá directamente de Madrid. Na rolda de prensa desta mañá, Caballero agradeceulle de novo á María Jesús Montero a elección de Vigo para instalar un servizo que ten por obxectivo mellorar a atención aos contribuíntes con medios telematicos.