xoves, 18 marzo 2021

Os campos municipais acollerán partidos amistosos sempre que os autorice a Federación

xoves, 18 mar 2021

Atendendo aos cambios da normativa sanitaria, o alcalde anunciou hoxe a posibilidade de xogar partidos amistosos nos campos municipais sempre que o autorice a Federación Galega de Fútbol. Ademais, desde o luns 22 de marzo, estará permitido ao acceso de público -con restricións de aforo – nos partidos de equipos de categoría nacional, a maiores de manterse nas competicións de elite, como xa fora anunciado.