Escoitar

O Concello repartiu máis de medio millón de máscaras desde o inicio da pandemia

Esta semana comezará o reparto de 200.000 novas máscaras o que eleva a máis de medio millón o número de unidades distribuídas polo Concello desde o inicio da crise sanitaria. Entidades sociais, veciñais ou mercados municipais serán os lugares nos que se distribuirá este material de protección.

mércores, 17 mar 2021

O goberno local repartirá 200.000 novas máscaras -donadas pola empresa MAPE – o que eleva a 513.000 as proteccións distribuídas desde o Concello desde o inicio da pandemia. Segundo explicou o rexedor, 100.000 son cirúrxicas e o resto son hixiénicas (con dez lavados) e todas contan cos seus correspondentes certificados.

As cirúrxicas repartiranse entre entidades sociais, mentres que as hixiénicas, 30.000 serán para asociacións de veciños e maoires; 40.000, para mercados municipais e 5.000, en centros de distrito municipais.