Escoitar

O goberno municipal inicia a derruba dunha edificación en Coruxo

O alcalde informou en rolda de prensa do comezo das obras de derribo que se prolongarán 21 días e que o Concello executa de forma subsidiaria ao non asumila os propietarios.

mércores, 17 mar 2021

Segundo expuxo o rexedor, o Consello da Xerencia de Urbanismo declarou a edificación como incompatible co ordenamento urbanístico no ano 2017 pero a familia propietaria da edificación non asumiu a orde de demolición polo que o Concello vai repercutirlle o gasto das obras, cifrados en 67.000 euros.

A edificación é unha estrutura con semisoto, planta baixa, dúas plantas e baixo cuberta situada no Camiño Romeu 32, en Coruxo, e o prazo de execución das obras de derrubamento é de 21 días.