O Concello cooperará coa RAG para render homenaxe á escritora Xela Arias
O goberno local colocará unha praca de bronce no domicilio da infancia e xuventude de Xela Arias, na rúa Zamora, para render homenaxe “a esta gran viguesa nacida noutras latitudes de Galicia”. O alcalde e o presidente da Real Academia Galega acordaron esta mañá cooperar no recoñecemento a unha escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.