Os campos municipais acollerán partidos amistosos sempre que os autorice a Federación
Atendendo aos cambios da normativa sanitaria, o alcalde anunciou hoxe a posibilidade de xogar partidos amistosos nos campos municipais sempre que o autorice a Federación Galega de Fútbol. Ademais, desde o luns 22 de marzo, estará permitido ao acceso de público -con restricións de aforo – nos partidos de equipos de categoría nacional, a maiores de manterse nas competicións de elite, como xa fora anunciado.
O alcalde avanzou esta mañá modificacións nas condicións para a celebración de partidos amistosos e o acceso de público a partidos de equipos de categoría nacional en instalacións municipais. Desde esta mesma fin de semana, está permitida a celebración de partidos amistosos en campos de fútbol, sempre que estean autorizados pola Federación Galega de Fútbol – o resto dos partidos, seguen sen autorización.
Desde o próximo luns, 22 de marzo, o público poderá estar presente nos partidos de equipos de categoría nacional, seguindo as seguintes restricións:
- Balonmán
- Seis do Nadal feminino- Pabellón de Coia (50 pax)
- Seis do Nadal masculino – Pabellón de Coia (50 pax)
- CB Reconquista – Pavillón Central (150 pax)
- Carballal masculino – Pavillón Carballal Candeán (35 pax)
- Lavadores masculino – Pavillón Lavadores (66 pax)
- Fútbol sala
- IES Coruxo – Pavillón Central (150)
- Vigo 2015 senior – Pavillón Central (150)
- Baloncesto
- Seis do Nadal feminino – Pavillón Balaídos (20 pax)
- Fútbol
- Rápido de Bouzas – Campo Baltasar Pujales (30% do aforo)