O Concello retoma a desinfección de 68 parques infantís e 35 áreas biosaudables
O alcalde deu conta esta mañá da contratación dun servizo de desinfección covid que permitirá manter abertos 68 parques infantís, 35 áreas biosaudables e 11 áreas deportivas. O importe deste servizo é de 99.944 euros.
A Xunta de Goberno deu luz verde á contratación do servizo de limpeza e desinfección de 114 instalacións públicas ao aire libre, atendendo ao protocolo covid. Concretamente, detallou o rexedor, cun orzamento de 99.944 euros, se prevé actuar en 68 parques infantís, 35 áreas biosaudables e 11 áreas deportivas. Unha labor similar é a que está a desenvolver o Concello nos centros públicos de infantil e primaria. En declaracións aos medios, Caballero afeou á Xunta que non sexa responsable e asuma estas tarefas, para as que recibe fondos do Goberno de España.
Outro dos asuntos aprobados esta mañá foi a contratación por procedemento aberto das obras do proxecto de instalación dun ascensor entre a antiga Praza da Estación e a rúa Urzáiz. Unha vez eliminadas as escaleiras que unían a Praza coa confluencia de Via Norte e Urzáiz, se instalará un elevador público ao aire libre que parte dun orzamento de 424.000 euros. A previsión é que estea rematado en setembro, xunto coa obra da nova Praza da Estación.